O Concello de Laxe deseñou unha ampla programación para celebrar o Samaín. As propostas, que contan coa colaboración da Deputación da Coruña, desenvolveranse do 28 ao 31 de outubro no polideportivo municipal.
As actividades divídense en tres grupos segundo o rango de idade do público, sendo as infantís as de maior contido.
Neste último caso, o público máis novo poderá desfrutar de manualidades e animación musical durante toda a fin de semana, comezando xa o venres en horario de 17:00 a 20:00 horas.
Ás manualidades e animación musical tamén se suma o túnel infantil de Samaín que, nesta ocasión, terán lugar tanto o sábado pola mañá (de 10:00 a 13:00 horas) como o domingo pola tarde (de 17:00 a 20:00 horas).
En canto ás actividades para persoas adultas, estas celebrarase o venres e o sábado. Os e as participantes poderán entrar no túnel do Samaín de 23:30 a 01:00 horas.
A última xornada contará unha gran festa para toda a veciñanza na que haberá inchables, photocall, un posto de flocos de millo ou animación musical entre outros. Será de 17:00 a 20:00 horas.
Desde o Concello móstranse moi entusiasmados coa programación xa que “sabemos que é unha festividade que gusta a todos e todas, independentemente da idade, e que cada ano se vive con máis intensidade”.
