Activistas climáticos alemáns do grupo Última Xeración realizaron unha protesta na Porta de Brandemburgo de Berlín, asperxendo a estrutura con pintura laranxa para urxir ao goberno alemán a tomar medidas máis contundentes contra o cambio climático.
Segundo unha voceira da policía as seis columnas víronse afectadas.
As súas demandas inclúen a eliminación dos combustibles fósiis para 2030 e medidas inmediatas, como impoñer un límite de velocidade de 100 km/h en autoestradas. A policía detivo a 14 activistas, mentres que o alcalde de Berlín condenou as accións dicindo que esas tácticas van máis aló das formas lexítimas de protesta.
Os activistas regaron tamén de pintura no chan da Pariser Platz, á beira da Porta de Brandemburgo.
O grupo Última Xeración caracterizouse por formas de protesta extremas que incluíron bloqueos de tráfico e desprazou do foco da atención pública ás manifestacións de Fridays for Future.