Acto da AECC, este xoves en Cee

1 minutes read

A Xunta Local de Cee da AECC, celebrará un acto solidario contra o cancro de mama, que terá lugar o próximo día 12 de outubro, festivo nacional, ás 12 da mañá na Praza da Muller 8 de marzo de Cee. Baixo o lema «O rosa é máis que unha cor», queren formar unha cadea humana que simbolice o seu apoio e compromiso coas persoas afectadas por esta enfermidade e as súas familias, asi como sensibilizar á sociedade sobre a importancia da prevención e o diagnóstico precoz.

Asemade como mostra de apoio, os establecementos dos concellos de Cee, Corcubión e Dumbría, que forman parte da área de referencia da xunta local da asociación, exhibirán nos próximos días adhesivos de lazos rosas nos cristais dos seus establecementos.