Acto de gradación da promoción 2015-2021 do instituto carballés Parga Pondal


Foto de grupo.

Case medio centenar de alumnos e alumnas, acompañados de profesores, profesoras e familiares previamente citados acudiron este venres ás sete da tarde á segunda planta do mercado municipal de Carballo para poñer o broche ao seu paso polo instituto á promoción 2015-2021, claramente marcado pola pandemia na súa recta final. Elegancia, Ilusión, recordos, moita emoción e unha coidada posta en escea intercalada con varias pezas de música, interpretadas a modo de xilófono polos propios alumnos, puxo fin ao paso polo Parga Pondal á promoción nada no ano 2003.

Alumnos e alumnas pertencentes á clase de música.
Actuación musical alumn@s.