Acto de graduación e concerto de fin de curso do CMUS

O alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Carballo despide o curso cun intenso calendario de actividades. Entre elas figuran o acto de graduación dos que remataron sexto de Grao Profesional, a entrega de orlas aos que completaron os estudos de Grao Elemental e a entrega de diplomas aos alumnos de iniciación musical.

No acto que se celebrou este xoves 6 de xuño ás 19.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura, cun concerto incluído, estiveron presentes membros da directiva do CMUS, a concelleira de Educación Mar Eirís e o alcalde de Carballo Evencio Ferrero.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha