0
O IES Maximino Romero de Lema, en Baio, celebrou a festa de graduación de 37 alumnos/as de 2º de Bacharelato. As alumnas Noelia Domínguez e Lucía Liñares foron as encargadas de conducir o acto, e Andrea Solís e Noelia Rellán interviñeron cun emotivo discurso cargado de anécdotas e vivencias. Unha celebración emotiva, festiva e alegre; na que houbo actuacións musicais, entrega de agasallos, risas, bágoas…..e que remataron cuns pinchos de confraternidade para pechar esta data tan sinalada para toda a Comunidade Educativa.