- A formación ofrecerá solucións ante a problemática do lobo ou xabaril nun evento que se realizará no Hotel Aldeola
Este venres, ás 17:00 horas, o Hotel Aldeola de Malpica acollerá un acto de VOX A Coruña en defensa do rural galego. Presentaranse solucións ante a problemática do lobo e xabaril na agricultura e gandería.
Ao evento asistirán varios deputados nacionais e rexionais así como Carlos Llandres, naturalista colaborador de Félix Rodríguez de la Fuente e autor de numerosos documentais sobre a natureza.