A entidade clausurou o curso 2021/22 e procedeu á entrega de Diplomas dos cursos formativos de Inclusión Social. Ante a presenza do alcalde, Evencio Ferrero; o párroco, José García Gondar e o presidente de Cáritas de Bergantiños, Francisco Suárez, o evento tivo lugar no salón de actos da parroquia.
Despois dunha breve oración presentouse gráficamente a Memoria do curso cos eventos máis importantes ao longo do 2021-2022. Nela destacouse o labor da Parroquia, e concretamente de Cáritas, durante a pandemia. Posteriormente foi a quenda de intervencións por parte de José García Gondar, Evencio Ferrero e Francisco Suárez. Todos coincidiron en resaltar a importancia e o valor das persoas e do voluntariado.
O acto tamén serviu para facer entrega da medalla da Parroquia ao colaborador da mesma, avogado, músico e mellor persoa, Pedro Luís Fernández Pombo, recentemente falecido.