Actuación de reforzo da limpeza en todos os barrios da Coruña


A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que o Concello puxo en marcha unha actuación de reforzo da limpeza en todos os barrios da cidade. Os traballos, explicou, centraranse na limpeza das rúas con auga a alta presión e baldeo intensivo, na eliminación de pintadas e das malas herbas, así como na renovación de papeleiras. Trátase dunha actuación permanente, apuntou, que se realizará a diario e durante a vixencia do novo contrato de limpeza. “Que a Coruña sexa un referente de limpeza depende do esforzo de todas e todos, tanto da Administración como da veciñanza”, sinalou a rexedora. Para poder desempeñar estes labores de limpeza, empregarase nova maquinaria e vehículos dotados das últimas tecnoloxías e respectuosos co medio ambiente.