- Será o próximo sábado, 6 de novembro, ás 21:00 horas
A música de Fransy González e Davide Salvado chegará ao centro cívico de Malpica o vindeiro 6 de novembro. O evento iniciarase ás 21:00 horas e poderanse reservar asentos a partir deste venres enviando un correo a auditoriomalpica@gmail.com indicando datos persoais (nome completo e DNI) e de contacto de cada solicitante. O aforo máximo será de 150 espectadores e cada persoa poderá poderá reservar ata catro asentos. Será obrigatorio o uso da máscara e estará prohibido comer ou beber nas instalacións.
Fransy González e Davide Salvado levan décadas colleitando pezas de música tradicional polas aldeas de Galicia e outras comunidades. A través das súas actuacións, estes artistas achegan un legado musical e cultural digno de ser coñecido polos máis novos e lembrado por todas as familias.
Esta actuación é posible grazas á Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña.