40
Os Estados Unidos, o Canadá e o Reino Unido denuncian que piratas informáticos rusos intentan roubar datos da vacina contra o coronavirus. Os tres países sinalan ademais que o grupo de hackers está apoiado polo Estado Ruso. Desde o Kremlin negan a súa participación no intento de roubo. O ministro británico de Exteriores, Dominic Raab, pediu o final destes ciberataques «irresponsables» por parte dos servizos de intelixencia rusos, «que estiveron recollendo información sobre desenvolvemento e investigación da vacina contra a COVID-19». «É completamente inaceptable que os servizos de intelixencia rusos teñan como obxectivo a aqueles que traballan para combater a pandemia de coronavirus», apuntou.