Acusan a Trump de «crime contra a humanidade» por castigar á OMS

1 minutes read

O editor xefe da prestixiosa revista médica The Lancet acusa a Donald Trump de cometer «un crime contra a humanidade» coa súa decisión de suspender o financiamento dos Estados Unidos á Organización Mundial da Saúde no medio da loita global contra o COVID-19. «Todos os científicos, todos os profesionais da saúde, todos os cidadáns deben resistir e rebelarse contra esta terrible traizón á solidariedade social», escribiu Richard Norton na rede social Twitter, nunha publicación acompañada dunha ligazón a unha noticia sobre a decisión do xefe da Casa Branca de suspender o apoio á OMS. O propio Trump foi criticado pola forma en que subestimou a pandemia e a lenta reacción da súa administración ante a propagación do virus en todo o mundo desde que foi recoñecido oficialmente polo goberno chinés a principios de xaneiro. Para o Secretario Xeral das Nacións Unidas, non é o momento de cortar o apoio á OMS na loita contra o COVID-19.