AD.Fogar arrincou a tempada de TRI en Vimianzo con 4 podios


O pasado domingo día 9 de xaneiro de 2022 disputábase a 13ª edición do Dúatlon de Reis do Concello de Vimianzo na modalidade de cros; 1ª proba do ano que contaba coa participación de 227 inscritos nas 3 probas da xornada (circuíto Mozo, probas individual masculina e feminina e proba de remudas. Os 7 representantes da AD.Fogar tomaron parte na proba do Circuíto Galego Mozo reservado ás categorías cadete, xuvenil e júnior calando unha moi boa actuación. Na categoría cadete feminina, Irea Alén subía ao segundo caixón do podio e María Puga remataba 5ª; mentres que na masculina os cadetes Anxo Bello e Hugo Souto eran 2º e 3º, e o júnior Pedro López gañaba na súa categoría.