AD Fogar da Xuventude aproba un convenio e orzamento para 2019

1 minutes read

Este venres, a masa social da AD. Fogar da Xuventude e as súas seccións de Carballo e Oleiros, reuníase no salón de actos do Fórum carballés en Asemblea Xeral Ordinaria.

En 1ª convocatoria asinabase o acordo de patrocinio e colaboración con María Viña Nutricionista, a través do cal os socios e deportistas do club benefícianse de importantes descontos en servizos de dietética e suplementación deportiva, antropometría e medición de pliegues, perímetros e diámetros, análisis bioquímicos específicos e adestramento persoal.

Acto seguido en 2ª convocatoria os socios aprobaban por maioría o balance económico de 2018 pechado en 175.035,33€, 3.150,63€ máis que no pasado ano 2017; e daban tamén o seu visto bo e respaldo ao presuposto de 181.000€ presentado pola xunta directiva para o presente exercicio de 2019.