Adaptados os horarios dos servizos de autobús en Cambre, entre O Temple e o IES Afonso X O Sabio, na Barcala

1 minutes read

Co axuste dos horarios en servizos de uso xeral, melloran as opcións para os desprazamentos do alumnado de ensinanzas non obrigatorias do centro. A medida responde á petición das familias dos escolares de Bacharelato e Formación Profesional do Temple, así como do Concello de Cambre, para adecuar o transporte público ás necesidades destes estudantes.

En concreto, axústanse entre 5 e 15 minutos catro servizos da liña Aeroporto da Coruña-Aeroporto da Coruña (circular polo Burgo), que pasarán a saír de luns a venres laborables ás 08,00 horas, 14,15 horas, 15,55 horas e 18,05 horas.

A información actualizada sobre os servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.