Adega organiza unha xornada de eliminación de invasoras e limpeza da praia de Baldaio

1 minutes read

Adega ten unha nova convocatoria do proxecto de Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e a flora da Costa da Morte. Trátase dunha acción de eliminación de flora invasora do espazo natural de Baldaio. Será este sábado 5 de marzo, en horario de 09:30 a 17:00h.

Na actividade vaise eliminar flora exótica invasora que pode chegar a ser un perigo para as especies ameazadas do espazo natural. Será unha xornada de mañá e tarde, adicando a xornada matinal a recoñecer as invasoras e proceder á súa eliminación. Na sesión de tarde realizarase unha ruta polo Complexo Húmido de Baldaio para retirar lixo mariño así como descubrir os seus valores naturais e paisaxísticos.