Adeus 2020 | Benvido Xacobeo 2021

0 minutes read

Coa tradicional apertura da Porta Santa este xoves, Galicia dálle a benvida ao Xacobeo 2021 pero tamén a través da música de máis dun cento de artistas unidos nun proxecto dirixido por Carlos Núñez. O músico será o maestro de cerimonias na benvida audiovisual ao Xacobeo 2021, na que estará acompañado de xeito altruista por máis dun cento de artistas e persoeiros internacionais. As novas tecnoloxías permitiron unilos demostrando que a música traspasa fronteiras. Alejandro Sanz, Julio Iglesias, Amaral, Manolo Rivas, Rozalen, Iván Ferreiro ou Cristina Castaño son algúns dos nomes que o fixeron posible.