Adeus á palmeira do xardín de Carballo | Unha icona que se levou o picudo vermello

2 minutes read

Tras as recomendacións dos expertos que a examinaron debido á infestación por picudo vermello e polo provable desprendemento das palmas, co conseguinte risco para as persoas usuarias do xardín, agravado pola envergadura do exemplar que acadaba os 14 metros e dada a gravidade da situación, a Concellaría de Medio Ambiente contactou de inmediato cunha empresa especializada na poda en altura para, de xeito urxente, empezar cos traballos de eliminación da palmeira. Na mañá deste mércores dita empresa foi a encargada de podar e posteriormente talar a palmeira central do xardín municipal carballés para a súa retirada.

Picudo vermello, responsable do deterioro da palmeira.

Segundo o informe elaborado pola empresa especializada Terapia Verde a raíz da última revisión, hai só uns días, “o estado de avanzada infestación por picudo vermello e a inexistencia de vitalidade determinaban a non viabilidade do exemplar, facendo precisa a súa retirada”.

Na inspección realizada con dron detectouse un grave empeoramento da situación da palmeira con respecto ao exame anterior. Nestes momentos xa non tiña follas na parte alta e as que conservaba estaban deitadas, síntoma do avance do deterioro. Tampouco había clorofila, o que non permitía a circulación de auga e alimento pola planta, e a desaparición da xema apical, que é o único punto de crecemento da palmeira, implicando que xa non xerará novas follas e que as existentes foran desaparecendo.

Operario cortando o tronco da palmeira tras a súa poda.

Camión grúa retirando os trozos de tronco da palmeira.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?