Adeus a Xosé Luís Méndez Ferrín, un antifascista e referente da literatura galega

1 minutes read

Nado en Ourense no ano 1938 (88 anos), en plena Guerra Civil, a infancia de Ferrín transcorreu entre a cidade das Burgas e Celanova. Tras cursar o primeiro ano de bacharelato, trasládase coa familia a Pontevedra, sendo un adolescente, e no 1955 a Vigo, cidade en que residiu o resto da súa vida. Autor comprometido, profesor, conversador incansable e unha das figuras máis destacadas das nosas letras. Poeta, narrador, ensaísta e articulista, foi presidente da Real Academia Galega (RAG) e proposto en distintas ocasións para o Nobel de Literatura.

En 1962 casou con María Xosé Queizán, e tiveron unha filla e un fillo, Cristal (1964) e Roi. En 1983 casou coa profesora, escritora e sindicalista Moncha Fuentes Arias, e foron pais da poeta Oriana Méndez.

Cofundador da Unión do Pobo Galego en 1964, comunista, independentista e loitador antifranquista, foi perseguido polo réxime e encarcerado por propaganda ilegal. Son numerosos os premios que recibiu Xosé Luís Méndez Ferrín ao longo de súa extensa traxectoria vital e profesional. O Premio da Crítica á mellor Prosa e á poesía galega, o Trasalba, o Nacional de Literatura, o Premio Otero Pedrayo. Deixa tras de si unha obra monumental e toda unha vida dedicada ao compromiso político e a literatura.