Adeus ao Camaleón de Samil, que o Concello de Vigo converterá en zona verde

Unha gran pinza comezou este martes cos traballos de demolición da antiga cafetería El Camaleón, en Samil, obra que se alongará por un prazo aproximado de dúas semanas, segundo os prazos ofrecidos polo alcalde, Abel Caballero. Unha vez desaparecido o edificio, o goberno de Vigo transformará a parcela nunha nova zona verde. O Concello adica preto de 140.000 euros a este contrato.

Abel Caballero achegouse ata o areal vigués para supervisar o inicio do derrubo, xunto aos concelleiros Javier Pardo e Patricia Rodríguez. Os profesionais da empresa adxudicataria trasladaron ao alcalde -segundo el mesmo informou posteriormente en rolda de prensa- que o cemento do inmoble presentaba un deterioro tal que, cando a pinza apertaba a columna, esta se “convertía en area”, polo que consideraron “moi boa” a decisión do demolelo. “Ademais”, engadiu Caballero, “non queremos mamotretos na praia de Samil, queremos que os servizos sexan de madeira, lixeiros, desmontables”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha