37
O Concello de Laxe despediu este sábado as celebracións do LaxEntroido 2024 por todo o alto co enterro do Caietano.
Ás 18:30 horas deu comezo o velorio e misa cómica a D. Caietano na Praza dos Voluntarios. Ao remate, iniciouse o desfile de despedida animado por Latexo Percusión ata a zona de Ramón Juega, onde se realizou a queima pirotécnica do meco.
Nesta xornada de despedida non faltou a animación, xa que os máis pequenos e pequenas puideron gozar dunha festa infantil con música, baile e malabares con Peque Disco Moc Moc, de Mere Clown, para animar este último día de disfraces e troula no que a comedia e os choros de despedida camiñaron da man.