Adiada a Cea das Letras que se ía celebrar este sábado en Malpica

0 minutes read

A organización da Cea das Letras informa de que o evento queda adiado por causas alleas á súa vontade. O nome da autora ou do autor gañador, así como a obra premiada, daranse a coñecer nun acto público no Salón de Plenos do Concello de Malpica o vindeiro venres, 21 de novembro, ás 19:00 horas. A entidade organizadora agradece a comprensión e invita á asistencia ao acto de anuncio do fallo.