- A actividade desenvolverase cando as condicións meteorolóxicas o permitan
A representación de Muiñada, programada para este sábado no río de Vaa, queda adiada por mor das condicións climatolóxicas segundo comunicou o Concello de Malpica. A obra, representada pola compañía Galeatro, será reprogramada para cando o tempo o permita.
Muiñada é unha función de teatro para toda a familia na que o xogo, lendas, tradición e música son o fío condutor para mostrar as raíces.