Adíanse os plenos de investidura da Xunta Electoral de Noia

Vanse adiar ata o 7 de xuño por un problema con varios votos no marco do Partido Xudicial de Noia. Deste xeito, retrátanse as constitución das novas corporacións dos concellos de Mazaricos, Muros, Boiro, Lousame, Noia, Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira.

AS CAUSAS

Á Xunta Electoral de Noia correspóndenlle 2 deputados provinciais. Segundo os votos acadados polas distintas formacións, un é para o PP e outro é para o BNG, quedando sen ningún o PSOE, por apenas 10-15 votos.

O PSOE presentou un recurso días despois dos comicios ante a Xunta Electoral, para revisar os votos nulos en todas as mesas dos 9 concellos. A Xunta Electoral Zonal aceptou mirar os votos nas mesas nos que eses votos nulos foran reclamados na acta de escrutinio, ao remate do reconto. Unha vez revisados, o PSOE non sumou ningún voto, pero decidiu seguir recurrindo pedindo revisitón en todas as mesas, e ante a falta de aceptación da Zona recurriron á Xunta Electoral Central, en Madrid. E como no caso de Corcubión, a Xunta Electoral Central, absolutamente colapsada, retrasouse unha semana. Así que deste xeito, e como nentres non se resolvía ese recurso, non se sabe os concelleiros oficiais, os plenos deben retratasarse. A situación provocará, seguramente, retraso tamén na Deputación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha