Fontes da xestora ferroviaria apuntaron que a limitación se activou por seguridade despois de que varios maquinistas reportasen fochancas en varios tramos da vía. O servizo de mantemento da entidade pública revisará a situación e, se todo está correcto, levantarase a medida temporal, tal e como apuntaron desde Adif. Este tipo de limitacións, apuntan as mesmas fontes, son habituais como procedemento de seguridade nos casos nos que os maquinistas aprecian fochancas nos traxectos. Así mesmo, descartan que a medida teña relación co accidente mortal de Adamuz, en Córdoba, que custou a vida a máis de 40 persoas. O tramo no que se decretou o tope de velocidade a160 quilómetros por hora discorre entre a localidade madrileña de Mejorada del Campo, no punto quilométrico 34, ata o municipio zaragozano de Alhama de Aragón, situado no punto quilométrico 182.