ADISBISMUR organiza en Outes o seu XIII Festival Benéfico a favor da entidade

1 minutes read

A Casa da Cultura do Concello de Outes vai acoller este domingo, 14 de xaneiro, ás 17 horas, a edición número 13 do Festival Benéfico a favor da Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR).

Neste festival interpretaranse obras de teatro, bailes e cancións nas que participarán tanto as persoas traballadoras como as usuarias do centro que ten a entidade en Valadares. Tamén se proxectará un vídeo no que se fai balanzo de todas as actividades que se desenvolveron no centro durante o ano 2023.

Para levar a cabo este festival a entidade ADISBISMUR conta co apoio do Concello de Outes e con empresas colaboradoras como Gadis, Eroski e Cuevas, ademais de contar coa interpretación do grupo as Jaitas Blue que tocarán diferentes pezas ao longo do festival.

As persoas interesadas en asistir a este festival poden facelo tras contribuír cun donativo de 5 euros que lles dará a oportunidade de entrar nun sorteo dunha cesta.

Para quen non poida asistir este domingo ao festival, terá outra oportunidade o vindeiro domingo, o 21 de xaneiro, no Concello de Mazaricos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?