Admitidas máis de 2,6 millóns de solicitudes de voto por correo para o 23X

Correos admitiu máis de 2,6 millóns de solicitudes de voto por correo de cidadáns e cidadás que desexan exercer por este sistema o seu dereito ao voto nas Eleccións Xerais que se celebrarán o 23 de xullo. Esta cifra xa supón un 94,71% máis respecto ao número total de solicitudes admitidas nas Eleccións Xerais celebradas o 28 de abril de 2019  (1.346.995) e un 80,45% máis que as rexistradas no proceso homólogo celebrado o 26 de xuño de 2016 (1.453.446) que, ata o de agora, marcaba o récord histórico no número de solicitudes de voto por correo xestionadas nos procesos electorais da  democracia española.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha