Admitidas preto de 63.000 solicitudes de voto por correo para as autonómicas galegas

En concreto, segundo informa Correos nun comunicado, recibíronse 62.831 solicitudes de voto por correo, das cales, 45.653  presentáronse de forma presencial na rede de oficinas postais e 17.178 de forma telemática a través da web de Correos, mediante sinatura electrónica e aceptándose como sistemas de identificación válidos os certificados de persoa física recoñecidos polo Ministerio de Industria e o DNI electrónico (DNI-e).

Estas cifras supoñen un 18,18% menos respecto ás 76.794 solicitudes admitidas nas Eleccións autonómicas ao Parlamento de Galicia celebradas o 12 de xullo de 2020, durante a pandemia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha