Adolescentes de Coristanco achéganse a Honduras da man de dúas activistas

1 minutes read

Os estudantes da ESO do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco reciben este martes a visita de Jaira Maribel Castillo Vasquez e María Esther Ayala Escalante, dúas activistas hondureñas que loitan contra a desigualdade de xénero e os abusos medio ambientais no seu país. A actividade forma parte do proxecto de educación para a cidadanía global, Activistas polo mundo que queremos, na que este centro participa dende comezos de curso. O obxectivo do encontro entre as activistas e o alumnado é que as mozas e os mozos  coñezan a loita destas mulleres de primeira man, se inspiren na súa forma de intervir na súa realidade a través do activismo, e tamén reflexionen sobre as desigualdades norte-sur. A charla, este martes pola mañá, no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, e 10:40h – 12.35h e de 12:35h -14:15h.