O Concello de Malpica adquiriu a segunda das parcelas destinadas á construción da planta depuradora e saneamento en Beo. O Alcalde, Eduardo Parga, formalizou a adquisición mediante a firma dunha escritura ante notario. A operación levouse a cabo por un importe total de 10.700 euros. Con esta útlima adquisición o Concello de Malpica xa dispón dos terreos para a construcción desta nova depuradora de Beo.