Adquiridas 97 lámpadas cirúrxicas para renovar os quirófanos galegos


Co obxectivo de garantir unha correcta cobertura sanitaria á poboación galega, a Xunta adquire uns equipos de iluminación que substituirán aos agora instalados nos bloques cirúrxicos de hospitais galegos, e que arestora contaban con máis de 15 anos de antigüidade. Así, a empresa adxudicataria dispón agora dun período de dous meses de prazo para completar a instalación dos dispositivos.

En concreto, 15 destas lámpadas destinaranse á área sanitaria de Vigo; 17 aos centros hospitalarios da área de Santiago de Compstela e A Barbanza; 19 á de Coruña e Cee; 26 para a área Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras; 13 para a de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 5 para a área sanitaria de Ferrol, e 2 para a de Pontevedra e O Salnés.

As novas lámpadas, baséanse en diodos LED de baixo consumo, posibilitando unha mellor iluminación dos quirófanos e tamén un aproveitamento máis eficiente da enerxía eléctrica. Así, a adquisición deste novo equipamento insírese na estratexia do Servizo Galego de Saúde que ten por obxecto favorecer un uso máis racional da enerxía e contribúir á sustentabilidade do sistema sanitario.

O suministro desta lámpadas foi susceptible de financiamento mediante o progama operativo Feder-Galicia como parte da resposta da UE á pandemia provocada pola covid-19.