O adestrador carballés Adrián Dubra Ceniceros, seguirá por segundo ano consecutivo á fronte do equipo de 1ª Nacional Calvo Xiria Balonmán.
Despois de rematar a tempada actual dun xeito anticipado e repentino, Adrián xa está a traballar duramente na preparación da próxima tempada. Nos vindeiros días coñeceremos aos xogadores que estarán baixo o seu mando na tempada 2020-2021.
Segundo as súas palabras: «a vindeira tempada queremos ser ambiciosos e superarnos. Queremos que a afección vibre co que fagamos na pista».
Adrián Dubra renova como adestrador do Calvo Xiria Balonmán
Foto.- Cedida.