31
- Este luns presentarase no centro o proxecto ‘Programa Habilitador’, grazas ao cal Adrián pode moverse por si mesmo
Este luns, día 20, o IES Maximino Romero de Baio acollerá a presentación do Programa Habilitador, un proxecto realizado polos mestres de Educación Física Jorge Eijo, Marco Lamela e Juan Díaz xunto ao alumno Adrián Torrado.
Os docentes traballaron durante trece cursos con Adrián, un rapaz con parálise cerebral causada por unha meninxite precoz, que ingresou no centro sen poder camiñar. Iso si, do mesmo saíu polo seu propio pé grazas a un duro traballo en equipo e a moito esforzo.
Coñece máis sobre a historia de Adrián premendo neste enlace.