Adro de Vilaño entrega un cheque solidario de 850 euros a Cáritas

Membros da directiva da Asociación Cultural Adro de Vilaño fixeron entrega a Cáritas de A Laracha dun cheque solidario por valor de 850 euros procedentes do evento deportivo e solidario que organizaron o pasado 20 de xullo en Vilaño e que congregou a preto de 1.000 persoas na súa cuarta edición. Arsilia Sánchez, xunto co párroco Manuel Boullón (ambos representantes da organización benéfica) recolleron o cheque o pasado martes 27 de agosto no Adro de Vilaño da man de Rubén Mallo, secretario da asociación.

Esta recaudación foi posible gracias ao éxito de participación na Andaina Saudable e Solidaria que contou con 450 persoas entre adultos e nenos, dos cales a metade da recaudación das inscripcións fixeron realidade este cheque.

Desta forma a asociación consegue un dos seus obxectivos, que é axudar directamente as familias máis necesitadas do concello. Cabe destacar que desde a primeira edición foron entregados un total de 2.430 euros a ditos fins solidarios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha