Adxudicada a construción do novo campo de fútbol de Eirís


O Goberno local da Coruña ven de dar luz verde á contratación de obras, servizos e subministración máis de 16 millóns de euros só neste ano. A mesa de contratación adxudicou unha actuación que permitirá aumentar as infraestruturas deportivas na cidade: a construción en Eirís do novo campo de fútbol de herba artificial, vestiarios e peche perimetral. Asumirá os traballos a empresa Arias Hermanos por un importe de 1.077.062 euros. O prazo de execución das obras é de oito meses, polo que o novo terreo de xogo estará rematado no verán do 2021.