Adxudicada a execución do proxecto de ampliación e mellora do punto limpo da Laracha

1 minutes read

Concello e Xunta de Galicia -Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda- investirán 250.000 euros na mellora das instalacións que permitirá incrementar e optimizar os servizos que se ofrecen á cidadanía no punto limpo da Laracha, a execución do proxecto da súa ampliación foi adxudicada este mércores na Xunta de Goberno Local á empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L.

A intervención contempla a urbanización dun sector da parcela contigua para a creación dun novo espazo que facilite ao persoal o desenvolvemento das tarefas de recepción, separación, clasificación, almacenamento e control dos residuos para a súa posterior derivación ao xestor correspondente. Tamén se contempla a construción de dúas marquesiñas cubertas (unha para o depósito de contedores e realización de labores de mantemento por parte do persoal das instalacións e, a outra, para contedores especiais), plataformas para incrementar a cantidade de contedores dos diferentes tipos de residuos, zona de aparcamento de vehículos e áreas axardinadas. Concluirase coa sinalización vertical e horizontal das diferentes zonas interiores (manobra, aparcamento, almacenamento de residuos, etc), incluíndo actuacións dirixidas á recollida de augas pluviais.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?