Adxudicada a mellora da AC-418 á entrada de Malpica

Os traballos adxudicados pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezarán no mes de setembro co fin de evitar afeccións ao tráfico no verán, tal como solicitou o Concello de Malpica. As actuacións teñen un prazo de execución duns catro meses.

O obxecto do proxecto é a reordenación e humanización da sección transversal da estrada nos seus últimos 300 metros, no treito urbano de Malpica.

A estrada conta actualmente con dous carrís e beiravías nas dúas marxes, aínda que estas teñen un ancho reducido, especialmente nos últimos 100 metros. Ademais, existen zonas de aparcadoiro na marxe esquerda nalgún tramo.

Estreitaranse aproximadamente 0,5 metros a calzada para destinar ese espazo ás beirarrúas. Ademais acometeranse melloras de firme e executaranse novas beirarrúas, que se pavimentarán con lousa de granito.

O proxecto tamén inclúe a renovación das redes de saneamento e pluviais, así como a humanización da área mediante a disposición de árbores e mobiliario urbano.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha