Adxudicada a mellora do saneamento na zona do Outeiro de Braño de Carantoña en Vimianzo


O Concello de Vimianzo adxudicou os traballos de mellora na rede de saneamento na zona de Outeiro de Braño de Carantoña, financiado con cargo ao Plan Único da Deputación Provincial da Coruña.

Investiranse 40.535 euros nun lugar onde actualmente non existe ningún tipo de rede pública de saneamento de augas residuais. Debido á topografía do lugar, instalarase unha estación de depuración, posto que é posible canalizar as augas cara un solo punto de tratamento e verquido, no medio do percorrido, executando dous tramos con pendentes cara esa depuradora, preto do río de Carantoña.

A rede proxectada trátase dun sistema unitario e evacuará por gravidade cara a estación depuradora incluída no proxecto; é dicir, sin bombeo. O obxectivo desta infraestrutura é a evacuación, transporte, recollida, concentración e depuración dos verquidos de augas residuais que se xeneran no núcleo de poboación de Braño, e a eliminación de pozos e fosas sépticas que actualmente recollen ditas augas nas parcelas privadas.

Por outra banda, tamén se mellorará a pista final do núcleo, así como un pequeno tramo de pista no interior do núcleo, actualmente en mal estado. O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, destaca este proxecto porque “dotará dun servizo esencial a un núcleo poboacional que carecía do mesmo.”