Adxudicada a obra de mellora da estrada de acceso a Corme por A Campara e Pazos

1 minutes read

Esta obra foi unha das demandas que lle trasladou o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, ao presidente da Deputación, Valentín González Formoso, co obxectivo de mellorar a seguridade vial nunha estrada que rexistra un elevado tráfico de vehículos. As obras comezarán esta mesma primavera coa apertura de cunetas e limpeza das marxes do vial para continuar despois co fresado e reparación das zonas máis danadas do firme e o acondicionamento dos accesos para evitar que entre a auga nas vivendas. O prazo de execución será de cinco meses, polo que se prevé que as obras estean completamente rematadas en outono.