A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de adxudicar a redacción do proxecto de execución de dous treitos de senda na estrada AC-552, ao seu paso polo municipio de Coristanco
Estes traballos, serán feitos pola empresa Consulting Terravanza, por un importe de preto de 18.000 euros e contan cun prazo de 6 meses para redactar o proxecto.
O obxectivo deste contrato é a construción de dous tramos de senda na estrada de titularidade autonómica, nos puntos quilométricos 24+400 – 34+860 e 44+300 – 45+080, e que na actualidade carecen dela.
O primeiro itinerario proxéctase pola marxe esquerda da estrada, entre o final da senda Carballo-Bértoa -no punto quilométrico 24+400-, e o inicio da beirarrúa próxima na entorna do centro comercial existente na entorna, no punto quilométrico 34+860.
Neste treito xa existen partes de sendas de nova execución e outras nas que hai que renovar ou ampliar a beirarrúa existente, e eliminar obstáculos. Deste xeito se acadará un itinerario continuo accesible. Esta intervención da ademais resposta a unha alegación do Concello de Coristanco á información pública do proxecto de itinerario peonil e ciclista nesta mesma estrada, treito Carballo – Coristanco, nos puntos quilométricos 32+620 – 34+400.
O segundo itinerario previsto tamén pola marxe dereita da estrada, esténdese entre as beirarrúas de Agolada, no punto quilométrico 44+300, e a zona de acceso ao cemiterio de Agrillos, no punto quilométrico 45+080. Neste treito é necesaria unha pasarela ou ampliación da estrutura no paso sobre o río Calvar.