A Xunta vén de adxudicar a redacción do proxecto para mellorar a eficiencia enerxética da estación de autobuses de Carballo.
O contrato, que suporá un investimento autonómico de 18.000 euros, conta cun prazo de 3 meses para a redacción do proxecto.
O obxectivo é definir a nivel técnico as medidas a implantar nesta terminal para acadar un menor consumo enerxético.
A Xunta veu realizando actuacións de conservación e mantemento nesta estación, executando en 2022 as obras de humanización do acceso á terminal, creando un espazo de uso público máis aberto á vila, aos veciños e aos usuarios.
O Goberno galego acometera tamén en 2016 obras de reparación da cuberta e da estrutura metálica das dársenas.
A nova actuación é susceptible de financiamento co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2021-2027.