Adxudicada a redacción do proxecto de saneamento de San Xiao de Mandaio, en Oza-Cesuras

1 minutes read

O servizo foi adxudicado á Consultora de Ingeniería, Medio Ambiente y Arquitectura, S.L por un importe de máis de 18.000 euros. O Concello de Oza-Cesuras non dispón de rede de saneamento nin de tratamento para as augas residuais na parroquia de San Xiao de Mandaio.

Este contrato ten como obxectivo colaborar co Concello de Oza-Cesuras na redacción do proxecto que defina as obras necesarias para dotar de servizo de saneamento os lugares de Petín, Cimadevila, Soquintá, O Agüeiro, A Rocha, Baldrís, Quintá e Tarrío.

Proxéctase unha rede de 3.371,5 metros lineais de colector e unha depuradora con capacidade para 400 habitantes, entre outras actuacións.

No marco deste estudo, tamén se avaliarán as opcións máis idóneas para a situación da depuradora co fin de garantir a prestación duns servizos eficientes.