Adxudicada a redacción do proxecto para ubicar unha glorieta na AC-418 en Malpica

1 minutes read

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo un encontro de traballo co alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo José Parga, no que se abordou a adopción de medidas para a fluidez do tráfico e o incremento da funcionalidade na zona de Ventorrillo, na estrada que vai a Carballo.

Vázquez Mourelle informou ao alcalde da adxudicación da redacción do proxecto para a execución dunha glorieta no quilómetro 15,4 da estrada AC-418, na intersección que vai do rueiro do Ventorrillo ao colexio e á biblioteca. A redacción foi adxudicada á consultora Deseños Estruturais e Viarios S.L. por un importe de máis de 18.000 €.

Concretou que se prevé ter redactado o proxecto en outono para seguir avanzando no impulso desta rotonda de 28 metros de diámetro que contribuirá ao calmado do tráfico, xa que suporá un elemento redutor da velocidade nese punto. A glorieta tamén facilitará os movementos nesa zona do Ventorrillo, garantindo xiros e cambios de sentido máis cómodos e seguros, tanto cara ao lado do colexio e a biblioteca, como cara á rúa Canido.

O proxecto deberá resolver a execución da glorieta e o seu encaixe físico, tendo en conta os condicionantes que existen: as pendentes, as beirarrúas actuais e os servizos que poidan verse afectados. Ademais recollerá a necesidade de afectar a terreos de titularidade privada, prevendo as expropiacións que sexan necesarias para o desenvolvemento da actuación.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?