Adxudicada a reforma da entrada do centro de saúde de Toén

1 minutes read

Trala preceptiva supervisión técnica, aprobouse este proxecto que contempla, en primeiro lugar, a modificación da porta de acceso, aumentando o oco actual no muro de formigón para permitir instalar un portón de dúas follas con apertura mecanizada. Esta nova entrada deixará un ancho libre entre ambas follas de 3,63 metros, o que posibilitará tanto o acceso peonil ordinario como o acceso rodado de xeito controlado dos vehículos sanitarios.

Para soportar o peso destes vehículos sanitarios no recinto interior, reforzarase a base de sustentación do pavimento actual introducindo formigón como base ríxida. Para manter os acabados existentes, desmontarase con sumo coidado o pavimento actual, numerando as pezas para garantir a súa colocación na mesma posición sobre a nova base ríxida. Do mesmo xeito, conservaranse os sumidoiros de recollida de pluviais e os focos incrustados actualmente existentes.

A intervención arquitectónica proponse cumprir coas necesidades prácticas requiridas acadando unha homoxeneidade co entorno construído do centro de saúde, empregando os mesmos acabados para manter a imaxe do actual edificio. Do mesmo xeito, xardineiros especialistas realizarán a retirada e transplantados das enredadeiras existentes na súa nova posición. A actuación completa actuará sobre unha superficie de 106 metros cadrados.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?