Adxudicada a renovación da cuberta de talleres do IES Fernando Blanco de Cee

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar na plataforma Contratos de Galicia a adxudicación da obra de renovación de parte da cuberta do IES Fernando Blanco de Cee, por un importe de algo máis de 135 mil euros.

A actuación consiste no cambio de cuberta do edificio de talleres situado na parcela do instituto. En concreto está previsto retirar a actual cubrición de fibrocemento por unha nova realizada en chapa metálica sándwich. Así mesmo, substituirase a carpintería de formigón por outra metálica con acristalamento a base de pranchas de policarbonato.

As obras compatibilizaranse a partir de setembro co curso escolar, sempre baixo as máximas medidas de seguridade. Os traballos teñen un prazo de execución de 2 meses.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha