Adxudicada a renovación de 200 novas marquesiñas de autobús


As actuacións en contratación inclúen a fabricación destes refuxios a partir dun deseño integrado nas contornas rurais para proceder, posteriormente, á súa distribución. Trátase dunha iniciativa que se vén a sumar á primeira fase, impulsada en 2018, mediante a que xa se instalaron un total de 152 refuxios, con deseños para ámbitos urbanos ou rurais, en diferentes concellos de Galicia. Serán instalacións axeitadas ás paradas das liñas dos servizos de transporte interurbano de viaxeiros por estrada que ofrezan ao usuario unha protección fronte as inclemencias meteorolóxicas e melloren a comodidade durante a espera. Contarán cun deseño integrado na paisaxe, incluíndo materiais autóctonos como a madeira.