Adxudicada a última fase da renovación completa da iluminación pública da Coruña


O Concello da Coruña aprobou en Xunta de Goberno Local a adxudicación do segundo lote da renovación completa da iluminación pública da cidade, que comprende a zona norte. Esta nova actuación suporá un investimento total de 14,6 millóns de euros, financiados principalmente con fondos europeos FEDER a través do IDAE. Esto permitirá que o Goberno municipal acometa, en todos os barrios da Coruña, a substitución das lámpadas obsoletas por dispositivos de última xeración, con tecnoloxía led regulable por tramos horarios. A alcaldesa, Inés Rey, destaca que a renovación cumprirá unha dobre función, xa que “mellorará a calidade da iluminación en todos os puntos da cidade, á vez  que permitirá acadar un considerable aforro enerxético”.