Adxudicadas 13 parcelas no polígono das Gándaras, en Lugo

1 minutes read

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou 13 parcelas no polígono industrial das Gándaras en réxime de compravenda, aplicando unha bonificación do 50% que supón unha minoración total 2,7 millóns de euros sobre o prezo do solo. As parcelas suman case 44.000 m2de superficie, na que se asentarán 11 empresas relacionadas coa construción, enxeñería, transporte de mercancías, motor, alimentación, unha inmobiliaria ou un laboratorio de biotecnoloxía, entre outras. No concurso de solo deste ano ofrecéronse parcelas das tres fases de urbanización do parque, e dispuxéronse catro modalidades de compra: adxudicación con prezo bonificado, en dereito de superficie, en alugueiro e en compravenda con pago aprazado, esta última por primeira vez.