Adxudicadas as obras da estrada AC-199, no Concello de Dumbría

Foto.- dpm.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de mellora do firme na estrada AC-199, no Concello de Dumbría.
Estas actuacións, adxudicadas á empresa Construcciones J. Mauri e Hijos, S.L. por un importe de máis de 43.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución dun mes.
Os traballos previstos completarán a actuación de mellora na capa de rodadura realizada en marzo no treito entre os puntos quilométricos 0 e 0+300, cun investimento de preto de 25.000 euros.
As obras, que comezarán nas vindeiras semanas, centraranse no reperfilado de cunetas, no fresado e na reposición da capa de aglomerado no tramo entre os puntos quilométricos 0+300 e 0+900.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha