Adxudicadas as obras de mellora da AC-523 nos treitos que transcorren pola Laracha e Cerceda

1 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de execución de mellora de firme nas estradas da provincia da Coruña AC-840 e na AC-523, por un investimento autonómico de máis de 2,9 millóns de euros. A intervención foi adxudicada á empresa F. Gómez y Cía. S.L e está previsto o seu comezo na segunda quincena de abril. O contrato ten como obxectivo a rehabilitación integral do firme en 50 quilómetros destas dúas estradas autonómicas. No que se refire á estrada AC-523 os traballos levaranse a cabo nos treitos que transcorren polos concellos da Laracha e de Cerceda. A intervención, enmarcada no Plan de reforzos de firme impulsado polo Goberno galego, consistirá na rehabilitación da capa de rodadura nos treitos das estradas que presentan maior deterioro.